Tarifas e condicións

No Lar do San Paio queremos que a túa estancia sexa sinxela dende o primeiro momento, por iso ofrecémosche prezos claros e sen gastos engadidos.

Tempada baixa

180 €/noite

(mínimo 2 noites)

Tempada alta

210 €/noite

(mínimo 5 noites)

Considérase tempada alta do 1 de xullo ao 1 de setembro, Nadal, Semana Santa e pontes.

Descontos: En tempada baixa ofrecemos tarifas especiais para estadías superiores a 3 noites, e en tempada alta para reservas de máis de 9 noites.

Condicions da reserva

Fianza e métodos de pago

Fianza: 300 €
Métodos de pago: transferencia, Bizum ou en efectivo

Cancelacións

Gratuíta → ata 30 días antes da chegada
Entre 8 e 14 días → devolución do 50 %
Con menos de 7 días → sen devolución

Capacidade

Ata 8 persoas (6+2 supletorias)

Horarios

Check in a partir das 16:30h
Check out ata as 11:00h

Mascotas

Non se permiten mascotas no interior da vivenda

Limpeza, roupa de cama, toallas, WiFi e acceso a todas as instalacións (piscina, zona recreativa, xardín, barbacoa e xogos). Sen custos adicionais nin sorpresas.

Normas da casa

En O Lar do San Paio coidamos cada detalle para que a túa estancia sexa cómoda e agradable. Por iso, pedímosche que leas e respectes estas normas básicas de convivencia:

  • A casa entrégase en perfectas condicións, e acompañámoste persoalmente para amosarche todas as instalacións.
  • Non se poderá superar a capacidade contratada nin aloxar a persoas non rexistradas sen autorización previa.
  • Non están permitidas actividades molestas, perigosas ou ilegais dentro da casa nin nas zonas exteriores.
  • A admisión de mascotas valorarase sempre previa consulta e acordo coa propiedade.
  • Os propietarios non se fan responsables do comportamento nin das actuacións dos inquilinos.
  • Non se admiten despedidas de solteiro/a nin grupos de menores sen a compañía dos seus pais ou titores.

Coidamos esta casa co mesmo agarimo co que te recibimos.

🙏 Grazas por axudarnos a manter o ambiente tranquilo e familiar que fai especial a O Lar do San Paio.

Entrada e saída

Unha vez no aloxamento, cubrirase a Ficha de Admisión cos datos solicitados pola Garda Civil, para todas as persoas maiores de 16 anos, segundo o artigo 1 do Decreto 1513/1959, do 18 de agosto. Así mesmo, os clientes deberán asinar a aceptación das normas internas e a folla de existencias da casa.

Pedímosche que nos comuniques por teléfono a hora aproximada de chegada o día da entrada, para poder recibirte persoalmente e amosarche as instalacións.

O cliente será responsable dos posibles danos causados por uso neglixente ou indebido, así como dos custos derivados da súa reposición.

Solicitamos un uso responsable das instalacións, respectando o descanso, o entorno e o bo coidado da propiedade.

Ante calquera evidencia de vandalismo ou uso imprudente, a propiedade resérvase o dereito a dar por finalizado o contrato de alugueiro de maneira inmediata, debendo os inquilinos abandonar as instalacións.

💡 Comprometidos cun turismo rural sostible e responsable en Galicia, no que cada visita axuda a preservar o encanto e a tranquilidade de San Paio

Cómo reservar

Podes facer a túa reserva a través de Booking, Airbnb ou Escapada Rural, ou directamente con nós por teléfono ou correo electrónico.
 Tamén sincronizamos calendarios para consultar a dispoñibilidade de maneira doada.