Construída en 1747 e transmitida de xeración en xeración, a casa foi restaurada con moito agarimo, respectando a súa esencia orixinal e engadindo todas as comodidades actuais. Cada pedra, cada moble e cada detalle gardan un anaco da súa historia familiar.
O Lar do San Paio é moito máis ca unha casa: é unha porta aberta á calma, rodeada de natureza e boas conexións, e situada nun punto perfecto para descubrir Galicia enteira. Podes achegarte a lugares tan emblemáticos como A Coruña ou Santiago, ademais da praia de Caión, a só vinte minutos. Un recuncho con alma no que desconectar, gozar da tranquilidade e sentir o verdadeiro espírito galego.