Un espazo que conserva o encanto do pasado e invita a desconectar, rir e sentir a calma da vida rural.
O Lar do San Paio naceu no ano 1747, cando Domingo Piñeiro, meu avó, ergueu esta casa labrega no corazón de San Paio (A Laracha). Séculos despois, devolvimos a vida ao lar familiar, convertendoo nun recordo vivo e un proxecto cheo de emoción, aventura, calma e sobre todo historia.
O soño comezou coa nosa voda, coa idea de que Bea saíse vestida de noiva da casa do seu pai, un xeito de render homenaxe ás raíces e manter viva a súa memoria. A partir dese momento, e tras anos de esforzo, ilusión e investimento, a vella casa de pedra transformouse nun aloxamento que combina tradición e comodidade actual, respectando sempre a esencia orixinal.
Hoxe, O Lar do San Paio é un lugar acolledor e sorprendente, cunha piscina temática tipo praia, espazos pensados para nenos e familias, e o encanto tranquilo do val do Anllóns.
Déixate levar polas imaxes e percorre cada recuncho: a piscina temática, o xardín, o cenador e os interiores cheos de detalles.
O Lar do San Paio combina o encanto rústico coa comodidade moderna.
Todo o que precisas para sentirte coma na casa… ou mellor.
dobres (ata 6+2 persoas) e 2 baños completos con bañeira e ducha
sala de estar con chimenea, zona interior de xogos, zona común para comidas, xardín e cancha
nevera con dispensador de xeo e auga, cafeteira Nespresso, lavalouzas, batidora, menaxe...
zona de xardín, cenador exterior e piscina con cascada temática e tipo praia